mércores. 07.05.2025
El tiempo

Carballo abre novas portas ao emprendemento cun espazo coworking

Carballo abre novas portas ao emprendemento cun espazo coworking
Carballo conta dende onte cun novo lugar que bautizado co nome "Espazo Emprende en Carballo" pretende ser un coworking deseñado no que os mozos e mozas que desexen pór en marcha negocios e ideas dispoñan non só de espazo e medios para o seu desenvolvemento senón tamén de asesoramento e formación desde o primeiro momento. O centro, emprazado no Espazo Xove, servirá, dixo a responsable da Dirección Xeral Xuventude, Participación e Voluntariado - Cecilia Vázquez - “para que a mocidade se sinta máis segura á hora de emprender xa que estarán acompañados de profesionais que os poderán ir guiando”. Vázquez destacou a importancia deste espazo para converter á xuventude en motor e protagonista da dinamización económica de Carballo e a súa contorna. “Existe un firme compromiso do Goberno galego cos novos emprendedores, que non son só o noso capital de futuro senón tamén de presente”, afirmou. Para iso, a Xunta quere impulsar e apoiar o nacemento dos seus proxectos en pasos claves que condicionarán o seu futuro como a constitución das empresas, o acceso ao financiamento ou a mercadotecnia, pero tamén os acompañarán no seu desenvolvemento e crecemento a través dun seguimento continuado e de accións formativas adaptadas, así como de acompañamento individualizado a través de acciones de titorización, formación e coaching persoal. A responsable animou aos mozos e mozas a participar nesta iniciativa, na que se poden inscribir xa desde este mes. “Con iniciativas como esta pretendemos establecer puntos de encontro, de coñecemento, de información e tamén de formación en habilidades co fin de fomentar as oportunidades de emprego da xente nova e enriquecer o seu liderado e itinerario persoal e profesional”, sostivo. Ademais, ao longo do ano se organizarán encontros sectoriais para crear unha dinámica de diálogo e coñecemento entre a xuventude e os axentes económicos do territorio, en Galicia pero tamén no norte de Portugal. Así mesmo, estas relacións estableceranse coas empresas galegas e lusas co fin de reforzar o achegamento dos emprendedores novos á realidade do seus tecidos empresariais e que poidan valorizar os seus recursos e potencialidades. Outros centros Galicia contará cunha rede de Espazos Emprendedores, emprazados, ademais de en Carballo, en Curtis, Betanzos, Noia, Pontedeume, Ourense, Chantada, Vilalba, Viveiro, Lalín, Tui e Vilagarcía de Arousa, aínda que esta rede alcanzará tamén o norte de Portugal. Os Espazos Emprende enmárcanse no proxecto LIDERA, Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo (acrónimo LIDERA), que forma parte da actividade Crece para impulsar o traballo xuvenil en rede. Este proxecto foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019). Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Xunta
 

Comentarios