Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo abre o prazo de inscrición do programa Concilia

Carballo abre o prazo de inscrición do programa Concilia
Xa está aberto - ata o 14 de agosto - o prazo de matrícula para o programa Concilia do curso 2017-2018 posto en marcha polo concello de Carballo. A maiores, a concellería de Igualdade e Benestar ofrece ás familias a posibilidade de utilizar o servizo durante o período vacacional de setembro, entre os días 1 e 8, cun custe adicional de 8,93 euros/día, tal como establece a ordenanza municipal, con servizo de almorzo incluído para os/as usuarios/as que o utilizan habitualmente. Durante este período extraordinario o servizo desenvolverase no centro de ocio Xolda (rúa Vila de Noia, 74-76) en horario de 07.30 a 14.30. Toda a documentación e as fichas de inscrición poden descargarse ao final desta nova, e debe presentarse en calquera dos rexistros municipais ou a través da sede electrónica do concello de Carballo. Ao longo do curso, o Programa Concilia desenvólvese nos propios centros escolares desde as 07:30 ata a hora de entrada nas aulas. Deste xeito, a concellería de Igualdade e Benestar pretende responder ás necesidades familiares derivadas dos desfases existentes entre os horarios escolares e os laborais. E con ese obxectivo ofrece un servizo de gardaría con persoal cualificado que atende ao alumnado, garante hábitos de hixiene e realiza actividades de ocio e tempo libre. Tamén pon a disposición das familias un servizo de almorzo opcional. Cota mensual Os/as usuarios/as fixos/as do Concilia tamén dispoñen deste servizo durante os períodos vacacionais, nestes casos nas instalacións da empresa concesionaria. A cota mensual é de 32,50€ (42,90 con almorzo) para os nenos e nenas que usen o programa todos o días. Para o resto, as cotas varían, como pode verse no documento anexo. Tamén está previsto o uso ocasional do servizo, cun prezo de 2,21 € (2,79 con almorzo), que pode solicitarse en calquera momento do curso. Todos os prezos están suxeitos a reducións de ata o 50% en función da situación do/a usuario/a. O prazo de matrícula comprendido entre o 15 de xullo e o 14 de agosto é obrigatorio para poder comezar a utilizar o servizo en setembro. Para as incorporacións que se produzan a partir de outubro abrirase un novo prazo a partir do 15 de setembro. As persoas que desexen máis información poden dirixirse ao Centro de Información á Muller (CIM), no departamento de Servizos Sociais ou nos teléfonos 981 700 688/981 704 706. Novas relacionadas   Fonte

Comentarios