Carballo acolle unha nova exposición colectiva de artistas locais

Este xoves 12 de xuño as 21:00 horas o Pazo da Cultura de Carballo, no 2 andar, acollerá a exposición colectiva “A etérea Fraxilidade humana”. Nesta mostra cada autor/ra pon o seu punto de cor para a refexión deste estado, eles son: Milagros Cotelo, Jesús ArtÉxtasis, Isabel Soutullo, Cristina Castro Santiago, Maribel Castilleira (XMÑ), Loli España e Mon Lendoiro.
As obras irán acompañada de versos e poemas de autores como Rosalía Fernández Rial, Modesto Fraga, Xaquín Silva, Jesús ArtÉxtasis e Pura Tejelo, e tamén da Performance musical ao cargo da Soprano lírica Susana de Lorenzo.
O termo fraxilidade (fragilis = crebar ou romper), desde a perspectiva antropolóxica, enténdese como a condición de finitude inherente á persoa que nos concibimos indefensa e susceptible de sufrir algún dano; O noso ser limitado (= restrinxido, condicionado), continxente (= incerto, circunstancial) e vulnerable (= fráxil, indefenso) vese afectado e danado polas condicións ambientais e socioeconómicas que estamos a vivir a nivel glocal, afectando o noso benestar físico, psicolóxico, espiritual e social, confirmando así a nosa fraxilidade como seres humanos. Esta vulnerabilidade constitúe a base do autocoidado, está relacionada co imperativo ético de garantir a protección da vida. A experiencia do Rexurdimento estará presente cando cada un de nós asegure -dentro das nosas posibilidades- ofrecer unha atención adecuada e oportuna. Aseguremos que todas as persoas sexan tratadas con respecto, ofrécense os mesmos coidados e dereitos desde un enfoque de xustiza social, polo que “os máis fortes” teñen a obriga moral de protexer a fraxilidade dos demais.