Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo acolle unhas xornadas especializadas sobre a Píllara das Dunas

TripticoSNpillaraCarballo copia
Carballo acolle unhas xornadas especializadas sobre a Píllara das Dunas

O Grupo Naturalista Hábitat e a Asociación Ambiental Senda Nova, organizan xunto co Concello de Carballo, unhas xornadas esta fin de semana sobre píllara das dunas. Axentes medioambientais, forzas de seguridade e colectivos ecoloxistas participarán nestas sesións que pretenden menos reducir, as principais ameazas desta especie en perigo de extinción.
Unha das máis importantes é a presencia de cans soltos nos areais.

Os especialistas contan que cos 19 niños atopamos o ano pasado no noso litoral, só 6 saíron adiante con 17 polos, pero unicamente se ten constancia de 8 volantóns.

As xornadas celebraranse o sábado 29, de 16:00 a 19:00 horas, e o domingo 30, de 10:30 a 13:30. O punto de encontro será a contorna da escultura da píllara, en Razo.

Comentarios