Carballo acollerá un dos Foros da Deputación da serie ‘a Cultura é un dereito’
Ata o próximo día 18 estará aberto o prazo de inscrición para asistir á xornada “XX anos de Escena Galega. Retos do asociacionismo profesional como un dos eixos vertebradores do sector escénico galego”. Unha cita que se desenvolverá o vindeiro 20 de decembro no Pazo da Cultura de Carballo, no marco do programa do departamento Cultura da Deputación da Coruña “A Cultura é un dereito”.
Co gallo dos 20 anos de traballo, Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas), a Deputación quere centrar unha das xornadas na situación do tecido escénico profesional dende o punto de vista do seu asociacionismo como un dos seus eixos vertebradores.
Falarán na primeira vari@s deputados; na segunda responsables de comunicación e marketing de varias empresas, e na tarceira da mañá haberá espazo para reflexionar sobre a comarcalización.
A sesión de tarde afondará no asociacionsimo, con experiencias chegadas de Asturias, Cataluña ou Madrid, ademais de varias de Galicia. Quico Cadaval rematará cun divertido monólogo: “Por amor á arte ou a vaquiña polo que vale?”.
Podes consultar programa completo aquí. Todas as intervencións, que contarán cun servizo de interpretación de lingua de signos, retransmitiranse en directo a través da canle de Youtube de Cultura Deputación da Coruña. A inscrición á xornada debe realizarse a través do formulario habilitado para tal fin na páxina web: www.aculturaeundereito.gal.