Xoves. 02.12.2021
El tiempo

Carballo acolleu a Asemblea de ADEGA e celebrou o Premio Osíxeno para Senda Nova

Senda Nova Premio Osixeno 2019 por ADEGA
Membros da familia de Senda Nova co Premio Osíxeno 2019 de ADEGA
Carballo acolleu a Asemblea de ADEGA e celebrou o Premio Osíxeno para Senda Nova

O Forum Carballo e o Restaurante Río Sil acollían este pasado sábado a 44ª Asemblea Xeral de ADEGA. Unha cita para repasar o curso anterior, fixar a liña estratéxica da entidade para o vindeiro, e para entregar os premios que cada ano outorga a entidade ás mellores, e peores, inciativas medioambientais.

A sesión rematou cunha visita a Baldaio, que serve para instar á Xunta pola elaboración dun Plan de Conservación e Restauración da Lagoa, máis alá das medidas urxentes tomadas esta pasada semana.

Visita a Baldaio con Senda Nova

Entrega de Premios Osíxeno e Dioxina 2019

A xornada culminou cos galardóns, que tivo na Asociación Carballesa Senda Nova o punto máis emocionante ao recibir o Premio Osíxeno ao Colectivo,

Ademais, o Premio Osíxeno individual 2019 será para Manuel García, un dos fundadores do Movemento Ecoloxista da Limia e da plataforma Auga Limpa Xa!.

Os premios Dioxina ás peores iniciativas, foron para responsables de gobernos populares, neste caso para o actual Director Xeral Enerxía e Minas, Ánxel Bernardo Tahoces; e á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Transición Ecolóxica

A xornada comezaba de mañá no Forum, coas sesións teóricas. Fixeron un repaso pola loita social, vencedora unha vez máis, contra a mina de Touro-O Pino ou contra parque eólico Serra do Iribio, no Courel, entre outros. Valoraron as iniciativas de deseucaliptización tomadas por unha vintena de colectivos, así como a presencia no Movemento Galego polo Clima.

Pero a transición ecolóxica é unha liña prioritaria para o futuro indemediato, pois debe obrigar a que “a Industria e a Administración ofrezan alternativas aos postos de traballo afectados polo peche das térmicas; pola procura dun novo modelo industrial galego, a menor escala, máis distribuído polo territorio e de ciclo produtivo pechado; pola autosuficiencia enerxética e a democratización na produción de enerxía; polo aproveitamento equilibrado dos recursos; pola redución e recuperación de residuos e a compostaxe a distintos niveis; pola compensación da débeda ecolóxica das industrias enerxéticas e electrointensivas ou pola fixación de poboación no rural”.

Todas as novas sobre Senda Nova

comentarios