venres. 09.05.2025
El tiempo

Carballo adquire 10.000 metros cadrados no Bosque do Añón coa compra de dúas parcelas

Carballo adquire 10.000 metros cadrados no Bosque do Añón coa compra de dúas parcelas
terreo-bosque-carballo O concello de Carballo pretende adquirir progresivamente os 500.000 metros cadrados de terreo que compoñen O Bosque Despois da formalización ante notario, o concello de Carballo xa é propietario de 10.000 metros cadrados máis de terreo no Bosque do Añón, os primeiros adquiridos a través da oferta pública que se lanzou fai un ano. Evencio Ferrero formalizou onte ante notario a compravenda de dúas parcelas de 5.388 e 4.876 metros cadrados por un total de 61.378,72 euros, o que supón un prezo de 5,98 euros por metro cadrado. O proceso de adquisición de solo é complicado debido á multipropiedade e sobre todo porque, como explica a concelleira de Contratación, Milagros Lantes, "moitas fincas non están inscritas no Rexistro da Propiedade". Sen embargo, agarda que unha vez formalizadas estas dúas primeiras operacións, a tramitación das futuras sexa máis doada. O obxectivo do goberno municipal é ir adquirindo os case 500.000 metros cadrados de solo rústico de protección natural e protección de augas existente en ámbalas marxes do Anllóns no ámbito comprendido entre a ponte da Milagrosa e a de Bértoa para incorporalo ao patrimonio público como espazo de recreo e zona verde. Ata o de agora o concello de Carballo dispoñía de 15.320 metros cadrados, aos que se suman agora outros 10.000. Para levar a cabo o proceso de compra, desde o concello dividiuse ese amplo espazo en sete zonas, outorgándolles prioridade ás de máis uso. As dúas novas parcelas adquiridas están situadas na zona 2  e a intención do goberno local é seguir consignando unha partida nos orzamentos municipais de cada ano ata completar a adquisición de todo o ámbito. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios