Venres. 03.05.2024
El tiempo

Carballo afrontará a aprobación do PXOM no pleno do luns 2 de febreiro

Carballo afrontará a aprobación do PXOM no pleno do luns 2 de febreiro
Comision de Urbanismo para sacar o PXOM do Concello de Carballo Tiña lugar onte unha comisión de urbanismo celebrada a propósito do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Carballo, un asunto que se abordará no pleno do luns 2 de febreiro ás 20.30 horas, despois de 33 reunións da comisión de Urbanismo durante os 2 anos de traballo. Para sacar adiante o plan durante a sesión, é necesario contar coa maioría absoluta do pleno da corporación, xa que a vixencia do documento, de 16 anos, require que se supere a maioría simple para a súa ratificación. Na comisión, o grupo de goberno foi o único que votou a favor da aprobación do PXOM, xa que o asunto contou coa abstención do resto dos grupos. De aprobalo, o Concello deixaría de rexerse polas normas subsidiarias dos anos 80, en vigor dende a anulación por sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) do PXOM de 2003. Agora, toca sacar adiante 30 quilos de documento.

Datos do Padrón

Presentaba tamén onte o Concello o Barómetro Municipal, que reflicte datos de interese sobre a poboación e os trámites realizados no Concello en 2014. Hai que mencionar que a poboación do Concello actualizada a 1 de xaneiro de 2015 e que é de 31.404 habitantes, 41 máis que a finais de 2013; sendo o seu crecemento vexetativo é cero, sen chegar a cifras en negativo, ao terse rexistrado o pasado exercicio o mesmo número de nacementos que de defucións, 264. ai que subliñar o incremento no número de nacementos respecto de 2013, en que se rexistraron 192 fronte aos 264 do ano pasado. Unha vez máis, unha das comunidades con máis presenza é a dos uruguaios, aínda que segue descendendo o seu número no municipio, pasando de 269 en 2005 aos 69 que están rexistrados agora. A comunidade máis numerosa é a de Romanía, con 78; e entre as máis numerosas tamén están as de Portugal, Brasil, Italia ou Colombia. O barómetro tamén amosa os niveis de estudos da poboación do municipio. Carballo conta cun total de 2.373 licenciados universitarios, mais tamén rexistra 13.968 persoas que non remataron os estudos primarios. O nivel de analfabetismo ascende a 441 persoas que non leen nin escriben, ou o fan con dificultades. Outro dato digno de mención é o do número de vivendas habitadas, un total de 11.754, das que a maioría -6.059- están ocupadas por dúas ou tres persoas.

Novas relacionadas

Fonte

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios