Carballo celebra Día Mundial do Xadrez con actividades para toda a familia

08:05 17/07/24
O 20 de xullo celébrase o Día Mundial do Xadrez, data que non queren perder o Club de Xadrez O Toque Xiria e o Concello de Carballo. Para iso celebrarán este sábado, de 11.00 a 13.00 horas, unhas completas xornadas na Praza do Concello, na zona onde veñen de instalar dúas mesas fixas.
Tamén estrearán os taboleiros xigantes, con pezas especialmente deseñadas para a rapazada e fabricadas, ao igual que as mesas, con material reciclado.
Durante a mañá, así mesmo, estarán a disposición do público libros sobre xadrez cedidos polas bibliotecas municipais para a ocasión, e ademais teremos un recuncho con actividades para nenos e nenas no que haberá pintacaras e un obradoiro de manualidades relacionadas coa celebración.