Carballo contará cun novo coche de bombeiros
07:05 15/11/16
O pleno da Deputación aprobou o orzamento a adquisición de novos vehículos para os parques de Carballo, Arteixo e Boiro
A sede da Deputación da Coruña acolleu onte un pleno extraordinario do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, presidido por Valentín González Formoso, no que se aprobou o orzamento do ente para o vindeiro exercicio 2017, que ascenderá a 8.695,274, 54 euros, e un expediente modificativo de créditos por importe de 1.817.272,60 millóns co que se financiará a adquisición de novos vehículos para os parques comarcais de Carballo, Arteixo e Boiro, a reforma dos vestiarios de Carballo e Ribeira e a achega económica destinada á comarcalización do parque de bombeiros de Ferrol no ano 2017.
O orzamento do vindeiro ano, que sobe en 252.102,70 euros con respecto a 2016, intégrase fundamentalmente polas achegas anuais da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, cada unha das cales destinará 3.296.000 euros para financiar o funcionamento dos 10 parques comarcais de bombeiros existentes na provincia (Carballo, Arteixo, Boiro, Ribeira, Ordes, Arzúa, Betanzos, As Pontes, Cee e Santa Comba).
O modificativo de créditos aprobado onte suporá novos investimentos por mais de 1,8 millóns de euros que se destinarán á adquisición de tres novos vehículos BUL - Bomba Urbano Lixeira -, cun prezo unitario de 483.333,34 euros, que darán servizo nos parques de Carballo, Arteixo e Boiro.
Reforma dos vestiarios
Tamén se inclúe neste apartado o orzamento que se destinará a financiar as obras de reforma de vestiarios nos parques comarcais de Carballo e Ribeira, cun custe estimado de 65.327, 83 euros en cada un dos casos; así como a achega económica destinada á comarcalización do parque de bombeiros de Ferrol en 2017, que ascenderá a 218.415,64 euros.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Deputación da Coruña