Sábado. 20.04.2024
El tiempo

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Carballo dará 277 axudas a alumnado de Infantil e do CMUS

CMUS Carballo
Un concerto do CMUS
Carballo dará 277 axudas a alumnado de Infantil e do CMUS

Este luns tivo lugar unha nova Xunta de Goberno Local en Carballo, con varias novas sociais, como a aprobación da concesión dun total de 277 axudas ao estudo para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e do Conservatorio Profesional de Música (CMUS). No primeiro caso serán 251 axudas, por un importe total de 37.650 euros, e no segundo, 26 bolsas por 4.551 euros.
Tamén saíron adiante as subvencións de conciliación da vida familiar correspondentes aos campamentos de verán do ano 2019.

Igualmente tamén quedou adxudicada a prestación do programa Concilia á empresa A Billarda S.L. por un ano, que empezará a contar o 1 de setembro do 2021, con posibilidade de tres prórrogas anuais.

En materia económica, foron aprobadas gratificacións por algo máis de 12.000 euros e facturas por 23.000.
Tamén saíron adiante varias licenzas urbanísticas e a proposta de adquisición dunha parcela de 3.000 metros cadrados en Xoane para a construción do centro social da parroquia de Goiáns. O importe total é de 5.000 euros, dos cales a metade sufragaraos o Concello e a outra metade, a veciñanza, seguindo o sistema que vén utilizando con tan bos resultados o Concello de Carballo para a adquisición de solo para equipamentos nas parroquias. Con fondos municipais tamén se financiarán a redacción do proxecto e a execución da obra.

Vázquez y Reino leva outro contrato con fondos do remanente de 2019, de subministro e obras de mellora da seguridade viaria no polígono industrial de Bértoa, por 166.460,28 euros.

Finalmente, a PW Advisory & Capital Services, pfrecerá por 9.728,70 euros, o servizos de asistencia técnica para a inspección e auditoría do contrato de xestión dos servizos de recollida de residuos sólidos urbanos, transporte, punto limpo e canceira municipal.

Comentarios