Martes. 15.10.2024
El tiempo

Carballo destina 200.000€ ao deporte local

Carballo destina 200.000€ ao deporte local
subvencion-deporte-carballo A subvencións financiarán as actividades habituais, a organización de eventos extraordinarios ou a participación en finais de ascenso O concello de Carballo vén de abrir - dende o 20 de xuño ata o 10 de xullo - o prazo de solicitude de subvencións para as entidades deportivas do municipio, tanto para a actividade xeral que desenvolven ao longo do ano como para a organización de eventos de carácter extraordinario e/ou para a participación en fases finais de ascenso e competicións estatais. Entre estas tres liñas de axudas o concello repartirá 109.000 euros. Pero as previsións totais para este ano, que inclúen tamén outro tipo de subvencións, como as de proxectos de escolas deportivas de base en horario extraescolar e as nominativas, acadan os 200.000 euros, unha cifra récord na historia do deporte local e que practicamente duplica os 108.839 euros destinados a este mesmo fin hai dez anos. Xa o ano pasado acadárase outro récord, cun total de 182.610,35 euros en axudas dos que se beneficiaron trinta entidades do municipio, todo isto sen contar as subvencións por exención das taxas de uso das instalacións. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte o extracto das convocatorias para as tres liñas de axudas que abren hoxe, que afondan na política municipal de destinar recursos económicos, a través das entidades que están a traballar no concello, á promoción da actividade deportiva entendida como un elemento fundamental na formación integral, na mellora da calidade de vida da cidadanía e na cohesión social. No apartado de descargas da web municipal atópase toda a documentación que deben presentar as entidades a través da sede electrónica do concello de Carballo.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios