xoves. 15.05.2025
El tiempo

Carballo destina 52.000 euros a varias actividades empresariais

Carballo destina 52.000 euros a varias actividades empresariais
feira-oportunidades-carballo Esta liña de subvencións destinaranse a actividades como a feira de oportunidades, o mercado medieval da Milagrosa, entre outras A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou na súa sesión ordinaria de onte a concesión de subvencións a entidades empresariais para o desenvolvemento da súa actividade ao longo deste ano. A concellería de Promoción Económica realizará unha achega total de 52.000 euros. Reparto Desta cantidade, 31.979,38 euros irán destinados ao Centro Comercial Aberto - CCA - para a unidade xerencial e iniciativas de promoción comercial e fidelización; a asociación As Eiroas de Empresarios e Propietarios do polígono de Bértoa percibirá 11.000 euros para un estudo de viabilidade da implantación da figura do sereno, o gabinete de comunicación e a elaboración dun plan de sinalización e seguridade viaria; á asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños - Axober - correspondéronlle 5.870,62 euros para o servizo de asesoramento, formación e calidade, promoción e publicidade e gastos de persoal; por último, a asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Profesionais do Barrio da Milagrosa poderá dispoñer de 3.150 euros para o Mercado Medieval e as campañas Ponte en cor, Fuxida de escaparates e Todo un barrio para ti. O investimento que deberán xustificar as catro entidades antes do 15 de novembro suma 104.000 euros. En relación coa actividade empresarial tamén foi aprobada, por outra banda, a licenza para a construción dunha nave destinada a taller de carpintería metálica nunha parcela de 1.452 metros cadrados situada no polígono industrial de Bértoa. O goberno municipal deu luz verde tamén aos programas de actividades da Praza dos Libros e do Verán Cultural, aprobou o pago dos premios do festival Carballo Interplay e un novo convenio coa Universidade da Coruña (UDC) para o desenvolvemento do XIII curso de verán sobre dinamización lingüística, cuxo lema este ano será Traballando en Lingua na Música. O curso celebrarase os días 19 e 20 deste mes. Fóra da orde do día tamén foi aprobado un convenio de colaboración coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para o programa “Vacacións en paz 2017”. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo
 

Comentarios