Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo estrea camións do lixo

Camions do Lixo de Carballo
Carballo estrea camións do lixo

A empresa concesionaria do servizo de recollida e xestión dos residuos sólidos de Carballo, Urbaser UTE Carballo, presentaba o pasado venres os catro novos camións do lixo, tres deles con dous compartimentos separados. Uns camións que axilizarán o proceso de recollida, pois permitirán realizar nunha soa ruta a recollida de dous tipos de residuos diferentes.

O lema escrito nos camións, “Carballo é así grazas a ti”, e as imaxes de 4 fotógrafos carballeses, Antonio Fernández, Fernando Nieto, Oti Fernández e Alberte Sánchez, trata de implicar a toda a veciñanza co medio ambiente.

16042021 camions_lixo (1)

Comentarios