Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo estrea “Premios Darwin”, a serie do Interplay rodada en Bergantiños

Victor Mosqueira protagoniza Premios Darwin
Víctor Mosqueira protagoniza Premios Darwin
Carballo estrea “Premios Darwin”, a serie do Interplay rodada en Bergantiños

O ano pasado foi “Dinosaurio”. Este 2019, o proxecto de webserie realizada ao amparo do Festival Interplay chámase “Premios Darwin” e a súa estrea será este xoves no Pazo da Cultura de Carballo ás 20:30h.

Todo un evento en si mesmo a estrea da serie, producida por Tarabela Creativa e dirixida por Carmen Conde, rodada integramente na capital de Bergantiños, que recolle algunhas das mortes máis absurdas ocorridas en Galicia

A serie xira arredor dalgunhas das mortes máis absurdas ocorridas en Galicia, recompiladas para o teatro por Conde e finalmente convertidas en serie. Composta por tres capítulos, “Premios Darwin” ten elevadas doses de humor negro e conta coa participación de intérpretes ben coñecidos no audiovisual galego como Víctor Mosqueira, Evaristo Calvo, Avelino González, María Vázquez, César Cambeiro ou Ana Santos.

A estrea

estrea tarabela teatro darwin

A posta de longo da serie contará non só coa primicia da proxección dos tres episodios, senón tamén cunha actuación ao vivo da banda sonora da ficción a cargo de Nastasia Zürcher, que estará acompañada no auditorio do Pazo da Cultura por Adrián Saavedra. Convidamos a todos os carballeses e carballesas a que vexan de primeira man esta serie na que atoparán lugares recoñecibles e ademais pasarán unha boa noite. A entrada é de balde.

A cita será a partir das 20:30h.

A realidade supera a ficción

 

Novas relacionadas

Edicións Anteriores

Comentarios