Vernes. 19.04.2019
El tiempo

Un mar dixital invade Carballo

Público no Carballo Interplay 2019-Foto-David Tombilla
Público no Carballo Interplay 2019-Foto-David Tombilla
Un mar dixital invade Carballo

Este sábado é o día grande do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. As narrativas de ficción en twitter e as redes de sororidade abrirán a cita sabatina pola mañá no Pazo da Cultura, antes do café co creadores. Xa as 16:00h volven as proxeccións das webseries; ás 17:00h cun encontro con creadores galegos de internet (II) (con Alba Mancebo, Edu Fernández, Olaxonmario e María Mera), e outra sesión de proxección, antes o gran peche, coa Gala de Entrega conducida por Alberto Rolán a partir das 21:00.

Pero ata hoxe o Carballo leva deixado unha cantidade de actividades de primeiro nivel. Como os paneis da Zona Pro, onde se ten falado de numerosas cousas. “influencers ou intérpretes” repasou como as actrices usan as redes sociais nunha sesión tremendamente interesante. Algo máis pesada foi a sesión cos produtores das principais empresas do eido dixital estatal. Creadores tamén tiveron o seu espazo, tanto españois como Arxentinos, o país invitado.

A mañá do venres foi día aberto á rapazada, e moitos alumnos dos centros de ensino aprenderon parte da historia feminina dos videoxogos con Isabel Cano, e riron a escachar coas creacións de Marcos López (creador doblador da canle Tele Jaita) e do vimiancés Juan Gimel, gran dinamizador da rede costeira.

Despois das proxeccións oficiais, chegaría un dos puntos fortes da noite, a preestrea da nova creación da plataforma Flooxer, Terror y Feria.

A noite do venres remataba co Código Fonte, ou a descrición espida das referencias audiovisuais de Lucía Aldao e María Lado, e co show Hermostra de Charo López.

Zona Pro-baixa-DavidTombilla_-023 copia
Unha dos paneis de Zona Pro-Foto-David Tombilla

Presentacion da webserie Sigueme creada no Campamento Kamikaze
Presentación da webserie Sígueme do Campamento Kamikaze-Foto-David Tombilla

GaliciaVO_Baixa_Xoves_DavidTombilla_023 copia
Votando na sección VOGalego-Foto-David Tombilla

Youtubers Galegxs Juan Gimel e Marcos Lopez de Tele Jaita-baixa-DavidTombilla_-003 copia
Os Youtubers galegos Juan Gimel e Marcos López

Lucia Aldao e Maria Ldo no Interplay-Foto-David Bombilla copia
Lucia Aldao e Maria Ldo no Interplay-Foto-David Bombilla

 

Novas relacionadas

 

Comentarios