Luns. 07.10.2024
El tiempo

Carballo expande a compostaxe caseira polos coles

compostaxe_fogar cole carballo
Carballo expande a compostaxe caseira polos coles

Ademais das máis de 700 familias que xa teñen o composteiro caseiro nas súas vivendas, o Concello de Carballo quere espallar esta práctica medioambiental dende abaixo. Para iso, puxo en marcha en cinco colexios o plan de compostaxe escolar impulsado polas concellarías de Servizos e Educación

O alumnado dos colexios Xesús San Luís Romero, Fogar, A Cristina, Gándara-Sofán e Canosa-Rus reciben estas semanas sesións formativas para implicar ecosocialmente aos máis pequenos da casa. Ademais, todos os centros xa teñen os seus composteiro, nos que comezarán a crear o seu compost aproveitando os restos orgánicos que se xeran na escola, tanto nos comedores, nas merendas coma nas hortas escolares.

compostaxe_fogar escolas carballo

Novas relacionadas

Comentarios