Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Carballo fachendea de auga da billa

Campana do uso da auga da billa en Carballo 2
Campana do uso da auga da billa en Carballo
Carballo fachendea de auga da billa

Fermosa campaña a que comezan Concello de Carballo e Gestagua para poñer en valor da calidade da nosa auga e fomentar a redución do uso de plástico. “Auga de Carballo” dá conta da calidade da auga da billa dos edificios públicos, fogares e fontes como a histórica fonte da Praza de Galicia, que foi a primeira traída de auga de Carballo e que se convertiu no símbolo da calidade da auga carballesa.

“Queremos dicirlle á xente que confíe na Auga de Carballo, porque está perfectamente controlada dende o punto de vista sanitario e probablemente é unha das mellores augas que hai na zona”, apuntou Benigno López, xefe de servizo de Gestagua en Carballo. E para que sexa aínda mellor, antes dun mes procederase á posta en marcha na ETAP dun sistema de tratamento con gas ozono, que permitirá reducir o uso de cloro, o que redundará “nunha mellora do olor e do sabor”, engadiu.

Da calidade da auga é bo exemplo a súa participación no Pan de Carballo como ingrediente esencial.

Campana do uso da auga da billa en Carballo

Teatro de reciclaxe

Así, paralelamente arrincou tamén unha campaña específica para o alumnado de primaria que consistirá nunha serie de actuacións dunha versión reducida de “Carabela”, a peza teatral de Galeatro que trata de incidir, precisamente, na redución do uso do plástico, e no reparto de botellas reutilizables de aluminio a todos os nenos e nenas. As primeiras actuaciós nos coles A Cristina e Nétoma-Razo, e a vindeira semana completarán o percorrido polo resto dos centros públicos de primaria.

Campana do uso da auga da billa en Carballo 3

Comentarios