Carballo facilita a reciclaxe de vidro aos hostaleiros
Que importante é reciclar. E máis para os grandes produtores de lixo como os establecimentos hostaleiros. Pero ben é certo que tamén hai que poñerllo o máis fácil posible. Con ese propósito, o Concello carballés, Urbaser e Ecovidro colaboran nunha campaña para facilitar a reciclaxe dos envases de vidro entre os hostaleiros, a campaña Ecovidro, á que se adheriron 68 establecimentos.
Durante o mes de agosto fíxose un traballo de campo facendo enquisas nos establecimentos e preguntándolles as necesidades. Os locais que o solicitaron xa recibiron cubo con rodas de gran capacidade para o traslado dos residuos de envases de vidro ata o colector adaptado ao sistema. En total, entregaranse preto de 55 cubos con rodas e serán instalados 10 colectores tipo VACRI (Volteo para a Asistencia de Colectores Rodantes Individuais).
Máis e máis vidrio reciclado
Os veciños de Carballo reciclaron un total de 504.320 quilogramos de vidro en 2013, o que supón que cada cidadán reciclou máis de 16 quilogramos de vidro por persoa durante o pasado ano, cifra moi superior á media galega fixada en 13,8 kgs/hab.
Desde Carballo Limpo, agradécese de antemán a colaboración da cidadanía chamando ao 981 75 49 17 para o Punto Limpo Móbil, a través da páxina web
Novas relacionadas
- 68 establecimentos de Carballo únense á campaña Ecovidro.
- Cincuenta fogares de Carballo participan no programa de compostaxe caseira.
- Os veciños do municipio de Malpica reciclaron 777 litros de aceite vexetal en 4 meses.
- Aspaber seguirá limpando as rúas de Carballo.
- O Enxeño Galego: O retrete floreiro.
- “Os composteiros caseiros son moi agradecidos, bótaslles residuos e devólvenche compost”.
- Reciclando os aceites domésticos en Corcubión.