Venres. 29.03.2024
El tiempo

Reciclando os aceites domésticos en Corcubión

Reciclando os aceites domésticos en Corcubión
Contedor de reciclaxe de aceite usado en Corcubion

Tan fantástica como evidente e necesaria a iniciativa que vén de lanzar o Concello de Corcubión. Un simple contedor para tirar botes de aceite usado, que sirve para evitar a contaminación de milleiros de litros de auga. I é que por cada litro de aceite usado que botas polas tuberías, son máis de 1000 de litros de auga que se contaminas. Neste caso, a tan manida auga da mesma ría de Corcubión.

Deste xeito, o Concello de Corcubión oferta desde onte un novo servizo, sen custo para os usuarios, de reciclaxe de aceites de cociña.
Desde hai moitos anos, vense actuando sobre o aceite comestible usado en restaurantes, colectividades e industria, pero non se toman medidas sobre os residuos xerados polos particulares que representan máis do 80% do total producido.

Os domicilios e casas particulares eliminan o aceite de cociña polo fregadeiro, de xeito que o residuo acaba na rede de saneamento, nas estacións de tratamento ou no medio natural.

A posta en marcha deste novo servizo xustifícase, por tanto, por razóns ambientais e económicas.

  • Razóns ambientais:
    * A proliferación de pragas, insectos, roedores e microorganismos nocivos nas redes de saneamento público.
    * A contaminación dos acuíferos subterráneos, aguas fluviais e marítimas e os danos ás especies destes hábitats.
    * Polo seu uso na produción de biocombustibles, supón a conservación de recursos non renovables (o biocombustible é renovable, limpo, cero emisións de enxofre, redución de hidrocarburos non queimados, etc.).
  • Motivos económicos:
    * Avarías por entullamento das redes de saneamento.
    *Aforro na conservación e limpeza de zonas verdes, ríos, costas, etc.
    * Redución de custos nas estacións de tratamento de aguas residuais.

Puntos de recollida

Desde o Concello de Corcubión se reitera, mais unha vez, a necesidade de reducir, reutilizar e reciclar os resíduos, e temén a utilizar este novo servizo que contará con puntos de recollida de aceites no Cabo da Vila, na entrada ao porto, en Rosalía de Castro e na Urbanización de Quenxe. O aceite deberá depositarse en botellas plásticas debidamente fechadas.

Puntos de recollida de aceite usado en Corcubion

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Corcubión.

Comentarios