O Carballo Interplay recibe o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2021
A Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense entrega hoxe os seus premios de recoñecemento aos proxectos máis impactantes. E un dos galardoados será o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, nomeado Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2021 xunto co Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) e o proxecto patrimoniogalego.net.
Hoxe venres 15 de outubro, Xosé Regueira recollerá o trofeo outorgado por un xurado composto por representantes da Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. O seu carácter pioneiro como primeiro festival de webseries do Estado, “van máis aló da ficción seriada e buscan explorar as posibilidades de internet como medio para a narración, o humor más transgresor, a non ficción, a cultura dixital, o patrimonio audiovisual dixital ou a performance interactiva, sempre co vídeo como base”, explica o Xurado.