Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Carballo e L´Isle Jourdain seguen unidos polas redes

Momento_do_intercambio-Ana_Cancela&Marie_Delpeyroux
A presidenta da asociación carballesa, Ana Cancela coas súas homólogas francesas
Carballo e L´Isle Jourdain seguen unidos polas redes

Este ano non poderá haber viaxes de intercambio. Pero o irmandamento entre Carballo e L´Isle Jourdain segue moi vivo, e a distancia non impide que o contacto sexa continuo. As dúas comunidades continúan promovendo o intercambio cultural na distancia, como o demostra o “1º Intercambio Lingüístico en liña” promovido que tivo lugar esta fin de semana promovido pola Asociación de Irmanamento de Carballo con L´Isle Jourdain en colaboración cos seus homólogos franceses.

Neste primeiro encontro virtual unha quincena de participantes gozaron da oportunidade de expresarse e compartir experiencias nas linguas que unen a carballeses e lilois.

O próximo encontro terá lugar o sábado 17 de outubro ás 10h30. As persoas que estén interesadas en participar poden contactar coa Asociación de Irmanamento no correo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Comentarios