venres. 08.11.2024
El tiempo

Carballo lanza un novo paquete de obras por 750.000 euros

  • O Concello aprobou axudas de 200 euros para afrontar os gastos da luz a 93 familias
CEIP Gandara Sofan
Carballo lanza un novo paquete de obras por 750.000 euros

A Xunta de Goberno Local de Carballo vén de adxudicar un importante paquete de obras por un importe total superior aos 750.000 euros.

Melloras da rede de abastecemento

Por 170.000€ do POS Adicional do 2021, haberá obras de saneamento en 20 rúas urbanas, aduxicadas a Gestagua: Antón Fraguas, Muíño, Río Miño, Avenida da Milagrosa, Río Anllóns, Enxeñeiro Barreira, Anduriña, Gran Vía, Lousa e Titanio (polígono de Bértoa), Vázquez de Parga, Muíño, Mendel, Camiño do Bosque, Pan, Gardenias, Doutor Severo Ochoa, Tarragona, Dalias e Nacente.

Rotonda

Aprobouse tamén a construción da rotonda prevista na AC-552 na zona da Revolta, para o Parque Comercial A Revolta. Será executada pola empresa Excavaciones y Obras Candal por 197.218,86 euros.

CEIP de Sofán

Tamén se realizará a substitución de cuberta e outras melloras no pavillón polideportivo do CEIP Gándara-Sofán. As obras serán executadas pola empresa Vázquez y Reino cun orzamento de 208.579,69 euros.

Parques infantís

Aprobouse o contrato mixto de subministro e obras de adecuación dos parques infantís da Praza do Hospital e o Parque do Chorís. Adxudicado tamén a Vázquez y Reino por 106.003,78 euros.

Máis obras

Continúan as obras de reurbanización da vila, arredor do Balneario, desta volta coa ría Chile, que a cargo da empresa Gestal y López por 77.106,49 euros.

Outros acordos

Iniciouse o expediente ao contrato de implantación dun servizo integral de impresión, cun orzamento de 54.208 euros por 16 meses.

AXUDAS PARA A LUZ

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a concesión de axudas para o pagamento do subministro enerxético a 93 familias do concello (só foron rexeitadas 3 solicitudes), consistente nun pago único de 200 euros para a anualidade 2021.

Comentarios