Luns. 06.05.2024
El tiempo

Carballo organiza obradoiros de Robótico para nenas

Taller Robotica Carballo
Carballo organiza obradoiros de Robótico para nenas

Coa intención de achegar ás nenas da volta ás STEM, á ciencia, a Concellaría de Igualdade organiza obradoiros de robótica para fomentar o acceso das nenas ao ámbito tecnolóxico co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que vén de celebrarse o día 11. Pero é que este ano tamén o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, terá como lema  "Por un mundo dixital inclusivo: innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero".

Así, a primeira proposta son os obradoiros de robótica que se celebrarán o día 25 na Biblioteca Rego da Balsa, e nos que, aínda que están abertos tanto a nenas coma a nenos, no caso de que haxa máis solicitudes ca prazas terá preferencia a participación feminina. As inscricións poden realizarse no 981 758 580.
De 10.00 a 11.20 horas levarase a cabo o taller Os segredos das mulleres tecnolóxicas, dirixido a participantes de 8 a 12 anos. Neste obradoiro, descubrirán o papel das mulleres na enxeñería informática e introduciranse no mundo da programación a través da ferramenta Micro:BIT, unha placa programable que integra diferentes sensores e actuadores, o que permite desenvolver multitude de proxectos. Ás 11.30 arrincará a segunda proposta, Aventuras con mulleres científicas, para nenas e nenos de 6 a 8 anos.

Comentarios