![forum-carballo]()
Os talleres desenvolveranse entre o 22 e o 29 de setembro no Fórum Carballo
O Fórum Carballo acolle entre os días 22 e 29 de setembro unhas
xornadas de software libre e ferramentas OpenSource dirixidas a mozos e mozas de 15 a 30 anos. Os talleres celebraranse de 17 a 20 horas.
En total haberá seis talleres independentes. O venres 22 de setembro, haberá un taller sobre "Impresión 3D e creación artística". Xa o luns, será o turno de abordar a "Imaxe dixital e redes sociais". O martes, día 26, traballarase a "Dixitalización empresarial". O mércores trataranse as "Ferramentas Cloud", o xoves "IoT" e os talleres rematan o venres 29 de setembro falando do "Comercio online".
O prazo para anotarse está aberto ata o día 20 de setembro e as inscricións poden realizarse na web
www.carballo.gal, no Museo de Bergantiños (Rúa Martín Herrera, nº 8) ou no teléfono 981 70 90 12. As xornadas están organizadas pola concellería de Xuventude do concello de Carballo.
Máis cursos
Por otra parte, até mañá xoves está aberto o prazo para anotarse sobre o curso AFD de Montaxe e mantemento de
instalacións eléctricas en baixa tensión que se celebrará a partir deste mes en Carballo. O curso está dirixido a persoas desempregadas que teñan o graduado escolar.
O Fórum Carballo acollerá nos vindeiros meses catro accións formativas para desempregados financiadas pola Xunta de Galicia. Ademais do curso de electricidade, de 938 horas de duración e para o que hai 15 prazas dispoñibles, tamén
se impartirán as especialidades de Programación de sistemas informáticos (608 horas), Servizo de bar e cafetería (658 horas) e Soldadura con electrodo revestido e TIG (698 horas).
Os cursos AFD tamén inclúen prácticas en empresas, módulos transversais sobre formación para a igualdade, inserción laboral, sensibilización medioambiental, creación de empresas e prevención de riscos laborais. Todas estas accións formativas levan aparellada a obtención dun certificado oficial de profesionalidade.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo