Martes. 16.04.2024
El tiempo

Carballo promove o galego na hostalería

Galego na Hostaleria salvamanteis_pillara Carballo
Carballo promove o galego na hostalería

Nova acción do concello de Carballo para promocionar o uso da lingua galega. Desta volta, A Asociación de Hostalaría de Carballo, o Servizo de Normalización Lingüística poñen en marcha unha nova campaña para Semaan Santa, cun reparto masivo de salvamanteis (por agora van 20.000 unidades) con pasatempos da revista A píllara, editada polo Concello de Carballo coa colaboración da Asociación Socio- Pedagóxica Galega (AS-PG). O obxectivo é que mentres agarda por unha tapa, unha ración ou un xantar, a clientela poida entreterse e exercitar o uso da nosa lingua facendo unha sopa de letras ou un anagrama.

A proposta foi moi ben acollida polo sector, e, de feito, a través da Asociación de Hostalaría xa se anotaron unha ducia de establecementos. Pero a proposta está aberta aínda á participación dos/as empresarios/as interesados/as, formen parte ou non da entidade. O único que teñen que facer é poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística a través do enderezo
electrónico [email protected], dos números de teléfono 881 983 865 ou 626 125 495, ou tamén de maneira presencial na casa do concello.

Comentarios