Carballo publica as bases para a contratación dos servizos de cociña da futura Escola de Hostalería
07:10 22/11/17
As clases desenvolveranse nas isntalacións do Fórum Carballo
Despois de dous intentos, a xunta de goberno local de Carballo aprobou na súa última xuntanza as bases que rexerán o terceiro procedemento de contratación dos servizos de formación en cociña para un período de dous anos, prorrogables por un máis, coa intención de que o centro de hostelería empece a funcionar o vindeiro ano. O concello de Carballo destinará á Escola de Hostalaría un total de 308.550 euros, é dicir, algo máis de 100.000 euros ao ano. A partir da publicación do anuncio correspondente no Boletín Oficial da Provincia, as empresas interesadas disporán de 15 días naturais para presentar as súas ofertas.
"A calidade é o eixo de todo o proxecto, comezando polas instalacións do Fórum Carballo, que están entre as mellores de Galicia. E por iso tamén á hora de seleccionar ao equipo xestor do centro terase en conta, sobre todo, o proxecto formativo, tanto no que se refire ao modelo de organización do servizo e do equipo de traballo como ao currículo do profesorado", sinalan dende o concello de Carballo.
Segundo as condicións establecidas, cada curso constara de 910 horas teórico-prácticas, das que obrigatoriamente 30 destinaranse á realización de demostracións prácticas do traballo (comidas degustación e showcooking) e outras 30 a masterclass. A maiores, o alumnado realizará 240 horas de prácticas profesionais en empresas. Ao longo do curso, as persoas participantes adquirirán formación en aprovisionamento e organización en hostalaría, preelaboración e conservación de alimentos, produtos e técnicas culinarias, cociña tradicional e de vangarda, panadaría e repostería, e seguridade e hixiene na manipulación de alimentos.
En canto aos medios humanos, as empresas deberán acreditar a súa solvencia técnica achegando, como persoal mínimo, un director ou directora vinculado/a ao sector con coñecementos avaliables nun centro de traballo de 10 anos como mínimo, e un técnico ou técnica superior en dirección de cociña con experiencia mínima dun ano como cociñeiro/a. Á hora de valorar os currículos do persoal proposto, ter unha Estrela Michelín, un Sol Repsol, premios a nivel galego ou estatal e experiencia en cursos oficiais de cociña pode supoñer ata 30 puntos, o que demostra a firme aposta pola calidade que se está a facer dende a concellaría de Promoción Económica.
Novas relacionadas
- Os aspirantes a entrar na Escola de Hostelería de Carballo realizan a primeira proba de acceso
- 65 inscritos optarán ás 15 prazas do primeiro curso da pioneira Escola de Hostalería de Carballo
- Pedro Sestayo: “A Costa da Morte está totalmente olvidada en formación hostaleira”.
- 06-02-17: Aberto o prazo para o curso de soldadura.
- 31-01-17: Abre o prazo de inscrición para a escola de Hostalería de Carballo.
- 18-01-17: Establecidos os requisitos para acceder á escola de hostelería de Carballo
- 03-01-17: Carballo abre unha pioneira Escola de Hostalería.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo