Carballo queda sen outra das súas árbores
19:18 26/04/16
Un informe tecnico indica que a arbore estaba morta, o cal suponia un perigo
A praza do concello de Carballo acaba de quedar sen outra das súas árbores emblemáticas. E xa van dúas en menos de un ano. Trátase dun ciprés, situado ao carón dos xogos infantís do xardín municipal, que tivo retirado despois de que un informe técnico indicase que a árbore estaba morta e podía supoñer un risco para os veciños e veciñas polo perigo que hai de que caia ou sexa derrubado polo vento, tal e como sucedeu con outro ciprés centenario do xardín o pasado inverno.
Na tala da árbore participou a brigada municipal, os bombeiros, Protección Civil e a Policia Local
O concelleiro de Obras - Luis Lamas - informa de que o ciprés será reemplazado no futuro por outra árbore - aínda está por determinar de que clase. Para levar a cabo os traballos foi preciso cortar ao tráfico un treito da rúa Desideria Varela así como o paso peatonal dunha ampla zona do xardín. Os traballos foron realizados pola brigada de Obras que contou co apoio dos Bombeiros, de Protección Civil e da Policía Local.
Novas relacionadas
- A ciprés morto, carballo reposto
- Os vídeos do temporal de mar na Costa da Morte
- Unha forte tromba de auga anega ducias de comercios e garaxes na Costa da Morte
- O primeiro temporal do inverno deixa fortes refachos de vento e crebas nas praias
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Carballo