Carballo recibe a cifra máis alta de solicitudes de vivendas dende 2009

Continúa recuperándose, paseniño, o mercado inmobiliario na capital de Bergantiños. Dende 2018 a situación segue mellorando para un sector que non se recupera dende hai máis dunha década, e que, seguramente nunca volverá a aquelas cifras de comezos de século.
Pero como vimos tamén na Laracha, o mercado das grandes promocións urbanísticas parece voltar a Carballo. Neste 2021 licitáronse licenzas para dous edificios de 11 pisos (e outras tantas vivendas), que se situarán na rúa Perú e na Praza de Galicia. Dous edificios que se suman ao edificio que xa están en marcha entre as rúas Nicaragua, Costa Rica e Brasil.
Ademais, o Concello recibiu outras 31 solicitudes de vivendas unifamiliares, sumando así un total de 53 solicitudes, a cifra máis alta dende 2009.
Pero para analizar ben as cifras, cómpre repasar. O récord de solicitudes municipais foi no ano 2006, no que se tramitaron solicitudes para 1.138 vivendas. A cifra caeu en picado a partir do 2008, e nos anos 2013 e 2014 tocou fondo, con só 6 vivendas cada ano. Dende o ano 2009, a práctica totalidade das licenzas solicitadas foron para casas unifamiliares.
Nova promoción na Praza de Galicia
Novas relacionadas
- Xuño 21: Mercado inmobiliario en Bergantiños: “Estase vendendo en todos lados”.
- Agosto 21: Carballo rexistra a segunda licenza para unha promoción dende 2009.
- Xuño 21: Volven as grandes promocións urbanísticas na Laracha coa petición de licenza para un edificio de 19 vivendas.
- 2019: Carballo rexistrou en 2018 o maior número de licenzas para vivendas dos últimos 10 anos.