Carballo rexistra a segunda licenza para unha promoción dende 2009
Continúa Bergantiños recuperando o investimento en vivendas. Así o comprobamos na Laracha, coa volta das grandes promocións nos últimos meses, ou coa análise que fixemos do mercado inmobiliario na comarca.
Tamén se ratifica en Carballo, onde o Concello vén de recibir solicitudes para 27 vivendas, 11 na mesma promoción que se ubicará na rúa Perú. Será o segundo que se constrúe no concello dende o ano 2008, cando pinchou a burbulla inmobiliaria. O primeiro, aprobado en 2018 e situado entre as rúas Nicaragua, Costa Rica e Brasil, xa está en obras, cun proxecto de 1,67 millóns de euros.
Son datos que demostran a paulatina recuperación dende o estoupido do boonmobiliario da primeira década dos 2000. Se en 2006 se tramitaran solicitudes para 1.138 vivendas, a cifra caeu en picado a partir do 2008, e nos anos 2013 e 2014 tocou fondo, con só 6 vivendas cada ano. Dende o ano 2009, a práctica totalidade das licenzas solicitadas foron para casas unifamiliares.
NOVAS RELACIONADAS
- Xuño 21: Volven as grandes promocións urbanísticas na Laracha coa petición de licenza para un edificio de 19 vivendas.
- Maio 21: Mercado inmobiliario en Bergantiños: “Estase vendendo en todos lados”.
- Abril 21:
- 2019: Carballo rexistrou en 2018 o maior número de licenzas para vivendas dos últimos 10 anos.