Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Carballo recibe a “Escoba de Plata” pola súa transformación urbana

rua_tarragona_Carballo
Imaxe da rúa Tarragona, unha das que xa teñen plataforma única en Carballo
Carballo recibe a “Escoba de Plata” pola súa transformación urbana

Novo recoñecemento estatal ao Concello de Carballo pola súa aposta de rexeneración e humanización do casco urbano. Desta volta, a Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente (Ategrus) vén de anunciar que outorga un dos seus premios anuais (é a 18ª edición) ao municipio bergantiñán.

Carballo compartirá con Azuqueca de Henares (Castela-A Mancha) e Riba-Roja de Túria (Comunidade Valenciá), o premio Escoba de Plata para concellos de entre 20.001 a 50.000 habitantes. Un recoñecemento que valora “o proceso de transformación urbana, baseado na sustentabilidade, iniciada en 2004 para crear “unha cidade sostible, realizando en todo momento accións de concienciación, sempre da man da cidadanía.

A entrega da vasoira (o elemento máis básico usado na historia da limpeza) será o 15 de xuño en Madrid, onde tamén estarán representantes dos concellos de Vigo, A Coruña e Monforte de Lemos.

Novas relacionadas

Comentarios