Venres. 26.04.2024
El tiempo

O libro “A vila do mañá” recolle as propostas da rapazada para mellorar Carballo

portada_libro_vila_do_manha (1)
O libro “A vila do mañá” recolle as propostas da rapazada para mellorar Carballo

En 2018 e 2020 celebrábanse en Carballo dous interesantes obradoiros de urbanismo dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 aos. “A vila do mañá” é un proxecto da arquitecta Sandra González Álvarez na que colaboran o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Escola Técnica Superior de Arquitectura, a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego, Post Arquitectos e o Concello de Carballo coa intención de estimular unha actitude crítica entre os nenos e as nenas para que comecen a pensar o seu futuro. 

Uns obradoiros formulados dende a participación para "incluír á infancia nos procesos de construción do espazo común, partindo da cidade coma unha ferramenta educadora sobre a cal a cidadanía ten dereito ao seu desfrute e á súa transformación".

Aquelas experiencias recóllense nun libro, do mesmo nome, convertido en taboleiro do xogo da oca, e conformado por aqueles elementos arquitectónicos, urbanísticos, paisaxísticos, artísticos e culturais que configuran a identidade de Carballo.

As familias dos nenos e nenas que participaron nos obradoiros dos anos 2018 e 2020 poden recoller os seus exemplares na Biblioteca Rego da Balsa. Pero tamén o pode coller calquera persoa interesada.

“Penso que o trabalo que se está facendo desde o Concello de Carballo, facendo renacer a vila pensando nos
seus cidadáns, pon a Carballo na vangarda das vilas galegas, e para a min, por conseguinte, na vangarda do urbanismo. Creo que Carballo é a vila do mañá”, conclúe Sandra González.

Comentarios