Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Carballo renova os centros sociais parroquiais cunha inversión de 800.000 euros

Carballo renova os centros sociais parroquiais cunha inversión de 800.000 euros
centro-social-ardana A próxima semana rematan as obras do exterior do novo centro social de Ardaña Continúan a bo ritmo as obras do novo centro social de Ardaña. O exterior quedará rematado a semana que vén coa colocación das ventás, e a partir dese momento os traballos centraranse no interior do edificio. A empresa que leva a cabo a obra, construcciones López Cao, agarda telo listo a finais de outubro, segundo confirmaron ao alcalde, Evencio Ferrero, durante a visita que realizou onte á obra acompañado polos concelleiros Luis Lamas e Marcos Trigo. O centro social de Ardaña, que se sumará á rede municipal de centros sociais nas parroquias, ten 417,09 metros cadrados distribuídos entre o soto (destinado a almacén e instalacións) e a planta baixa. A construción do edificio é financiada integramente polo concello de Carballo cun investimento de 311.333 euros. A maiores, a empresa adxudicataria asumirá sen custe adicional para as arcas municipais o mobiliario e o equipamento do edificio, a instalación dunha tarima de escenario no salón de actos e dun tabique móbil que permitirá flexibilizar o uso do salón principal, e a urbanización dunha superficie duns 900 metros cadrados. Todas estas melloras están valoradas en 90.000 euros. Melloras noutros centros sociais A parte da construción do centro social de Ardaña, o concello de Carballo tamén financia con cargo aos orzamentos deste ano a posta a punto de seis locais en cinco parroquias cun investimento de 459.419,33 euros. En todos os casos, as actuacións responden ás demandas do movemento asociativo que utiliza e xestiona as instalacións municipais de Artes, Entrecruces, Ramil e Outón de Rus, Oza e Sísamo. As obras serán adxudicadas e comezarán a executarse nas vindeiras semanas. Xunto a estes proxectos, que suman 770.752,33 euros, a raíz da petición do consello Pparroquial de Vilela tamén se procedeu ao acondicionamento do interior da antiga escola unitaria para que poida ser utilizada como centro social por parte do propio consello e da asociación veciñal que está en fase de constitución na parroquia. Os traballos incluíron o pintado da instalación. Consello parroquial de Rebordelos consello-parroquial-rebordelos O pasado xoves celebrouse en Rebordelos o a reunión do Consello Parroquial á que asistiron unha boa representación de veciños O Consello Parroquial de Rebordelos deu un paso adiante na xuntanza celebrada o pasado xoves. Cando se construíu a estrada, hai uns 50 anos, eliminouse o paso natural do río de Sambade, coñecido pola veciñanza como río Vello, e desde aquela, sempre que hai enchentes, a auga reborda. Para intentar acabar con este problema, os representantes veciñais no Consello Parroquial contactaron cos propietarios das fincas da ribeira, que tamén asistiron á xuntanza, e conseguiron os pasos precisos para instalar unha canalización que permita evitar o atasco. Dado que esa zona estará afectada polas obras de aglomerado da estrada, para as que xa existe consignación orzamentaria con cargo ao superávit do ano pasado, o alcalde propuxo agardar para acometelas ata que estea realizada a nova canalización por parte do Concello. Así mesmo, Evencio Ferrero comprometeuse a atender a petición para anchear a calzada sempre que se consiga a cesión dos terreos. A colaboración entre concello e veciñanza en Rebordelos irá aínda máis alá, tanto para xestionar os pasos precisos para a mellora da estrada provincial como para habilitar un paseo desde o cruceiro ata a ría. A concelleira socialista Mari Carmen Vila, que tamén asistiu ao Consello Parroquial, xunto con Aurelio Núñez, do PP, e Estefanía Canosa, de TeGa, ofreceuse así mesmo para botar unha man. Con respecto á ampliación da estrada provincial, que afecta a varias parroquias, o alcalde explicou que o único que se pide aos propietarios é a cesión ata a liña de edificación que xa está consolidada e que, en calquera caso, deberían ceder gratuítamente no caso de querer pechar as parcelas. Desde o concello de Carballo apélase á colaboración veciñal para poder acometer unha mellora de interese xeral e evitar un proceso de expropiación que podería retrasar a obra varios anos. En canto ao paseo pola costa, Evencio Ferrero informou de que a proposta, que xa fora presentada en varios consellos parroquiais na anterior rolda e xuntanzas, foi trasladada á Demarcación de Costas. Desde este organismo existe boa disposición sempre e cando o camiño discorra por fóra do dominio público. No Consello Parroquial de Rebordelos tamén se puxeron sobre a mesa outras peticións  de menor calado que o concello de Carballo estudará e intentará atender o antes posible. Novas relacionadas Fonte

Comentarios