Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo, o taller da nova marca de moda náutica consciente de Galicia

Modista de Carrick en Carballo
Unha modista no taller carballés
Carballo, o taller da nova marca de moda náutica consciente de Galicia

Carrick, a marca galega de roupa náutica, tras 7 anos no mercado, acaba de sacar a súa primeira colección elaborada integramente en Galicia, concretamente nos seus talleres de confecciónsituados en Carballo. Un fito para esta marca que aposta pola produción local e defende a sustentabilidade como única alternativa de desenvolvemento.

Para o seu CEO, Alberto Cochón, conseguir a súa primeira colección ‘made in #Galicia’ é un dos logros máis importantes da compañía porque puideron pechar o ciclo produtivo e achegar maior coherencia á marca. Segundo Cochón, que as súas camisetas de algodón orgánico leven a súa orixe de fabricación na súa etiqueta, ademais de ser sinónimo de calidade “significa desenvolvemento local e respecto polo medio #ambiente, xa que están elaboradas con materiais de orixe natural e impresas con tintas á auga biodegradables”.

Baixo o seu principio “zero stock, zero waste”, producen as súas pezas, de gran calidade e duración, inspiradas no Atlántico baixo demanda cada peza individual e personalizada, o que reduce até un #35% a pegada de carbono, con respecto ao modo de produción tradicional. Ademais, con esta práctica, calcularon a redución dun #25% de desperdicios e tamén conseguiron reducir ao máximo o uso de plásticos en todo o proceso.

“Carrick ten alma atlántica. Con máis de 1.500 km de litoral en Galicia, existe unha conexión directa co océano e coa vida tradicional da costa e dos seus habitantes. A súa maneira de entender o mundo, inspirou a filosofía de Carrick, o Atlántic Slow Life.”

Taller_confeccion_carrick carballo

Comentarios