Martes. 23.04.2024
El tiempo

Carballo terá a primeira skate-praza da Costa da Morte

Carballo terá a primeira skate-praza da Costa da Morte
SKATE-PRAZA Proxecto en Carballo

Pioneiro proxecto en toda a Costa da Morte o que adxudicou onte o Concello de Carballo. Unha skate-praza que se situará xunto á Biblioteca Rego da Balsa, e que cubrirá esa dobre función de praza pública e circuíto de skate. Así, convertirá a zona nun “elemento xerador de urbanidade”, mantendo ademais a “filosofía de flexibilidade, dinamismo e intercambio social” que a Biblioteca, pois foron deseñados polo mesmo arquitecto.

A praza contará cunha zona de extensión da biblioteca infantil con pavimento de caucho e xogos. Tamén se creará unha zona de estancia con sol e sombra para usuarios/as de diferentes idades, unha franxa arborada e pavimentada para a práctica do baile ou slalom, e por suposto, a zona da skate-praza.

A execución corresponderá á empresa Construcciones López Cao, que dispón dun orzamento de 145.200 euros e un prazo de catro meses.

Fonte

Comentarios