Luns. 29.04.2024
El tiempo

Carballo e UDC arrincan un curso de verán para sacar ideas para normalizar o uso do galego no lecer

Curso de Veran da UDC en Carballo
Curso de Veran da UDC en Carballo
Carballo e UDC arrincan un curso de verán para sacar ideas para normalizar o uso do galego no lecer

Onte daba comezo no Fórum Carballo o curso de verán de dinamización lingüística Traballando en lingua no lecer, unha iniciativa na que colaboran un ano
máis o Concello e a Universidade da Coruña para normalizar o uso do galego en todos os ámbitos e de dotarnos de ferramentas para que ese uso da nosa lingua avance, neste caso no ámbito do lecer.

Medio centenar de persoas participan nestas xornadas que xa levan 15 anos funcionando, e das que saíron iniciativas felices para o noso idioma como o programa Apego ou Youtubeiras, hoxe referencias en todo o país.

Durante dúas xornadas moi intensas, os/as participantes no curso de verán terán a oportunidade de coñecer propostas relacionadas co xogo, o lecer, o deporte… en definitiva, co desfrute do tempo libre con propostas en galego para todas as idades.

A Universidade seguirá colaborando co concello carballés, nomeadamente estendendo a Universidade Sénior tamén en Carballo


 

Comentarios