Carballo volve lanzar unha campaña informativa sobre sexualidade entre as festas
Volve saír a rúa o posto informativo da campaña de educación sexual de Carballo. Faino ademais doincidindo coas festas de San Xoán, para continuar o traballo feito, con tan boa acollida, dende o pasado 11 de febreiro. Tres profesionais con formación específica en igualdade e violencia de xénero volverán a estar no posto informativo que se colocará na zona da movida as noites de 18, 24 e 25 deste mes de xuño, de 23.00 a 02.00 horas.
O principal obxectivo é transmitir que hai que vivir a "emoción da noite e da festa sen abusos, sen acosos e con cabeza, para que teñamos unhas festas libres de agresións ou con agresións 0’0", como promoven as chapas e as pulseiras que se repartirán de balde entre as persoas que se acheguen ao stand
O persoal do stand recibirá dúbidas e repartirá paquetiños compostos por un preservativo, unha toalliña de hixiene íntima e un pequeno folleto no que se explican as vantaxes dese método de prevención das enfermidades de transmisión sexual e dos embarazos non desexados.