Luns. 13.07.2020
El tiempo

Carballo volve namorar de Razo

Carballo volve namorar de Razo

”Coñecer para valorar” é o lema da nova serie de actividades de turismo consciente que Carballo ofrece arredor de Razo. O programa “Eu quero Razo-Baldaio”, unha iniciativa das concellarías de Medio Ambiente e Servizos abriu o prazo de inscrición (só hai 20 prazas por cita), para todas as actividades que se desenvolverán os mércores e sábados de xullo e agosto.

As entidades agradeceron o compromiso e a iniciativa do Concello de Carballo á hora de desenvolver un programa “único”. Froito desa gratitude, Hábitat, Adega e Senda Nova veñen de ceder ao Concello de Carballo as guías de todas as actividades para que a partir de agora calquera persoa poida descargalas dende www.carballo.gal e utilizalas para coñecer e valorar o impresionante complexo natural de Razo-Baldaio.

comentarios