O Casino1889 acolle este sábado unha festa infantil de Entroido
- Acolle tamén un concerto de Indomable o primeiro sábado de marzo

07:37 23/02/23
O Casino1889 acolle este sábado unha festa infantil de Entroido
Ademais, e xa pensando na cita do sábado 4 de marzo, o Casino1889 recibirá o concerto de Arturo Rodrígiez, que está coa xira do seu proxecto musical @indomable presentando o seu segundo álbum “El eterno telonero”.
A cita ás 22:00h e xa podes reservar aquí a entrada para ver algo como isto:
Este sábado 25 de marzo, a partir das 17:15h, terá lugar no Casino unha Festa Infantil de Entroido. Contarán coa actuación do Home Árbore e haberá unha chocolatada e merenda a base de doces tradicionais destas datas.
En canto aos disfraces, se ben cada un pode disfrazarse do que queira, desde a directiva propoñen a temática da natureza, para ir en consonancia coa actuación do Home Árbore.
Cada crianza só poderá estar acompañada por un adulto e é necesario reservar no email casino1889@gmail.com. A entrada é gratuíta ata completar aforo.
Seguinte evento
A cita ás 22:00h e xa podes reservar aquí a entrada para ver algo como isto: