Venres. 26.04.2024
El tiempo

A cativada carballesa bótase a rimar co proxecto Enreguéifate

enregueifate_ceip_acristina
Regueifando no CEIP A Cristina
A cativada carballesa bótase a rimar co proxecto Enreguéifate

Espectacular a visita do proxecto Enreguéifate á Carballo. Esta iniciativa que percorre o mundo unindo as propostas de improvisación verbal, que no seu día naceu no seo do IES de Baio, achegouse ao CEIP A Cristina e Fogar e aos IES Isidro Parga Pondal e Monte Neme. Foron 261 alumnos e alumnas de catro centros educativos os que participaron ao longo das dúas últimas semanas en talleres de regueifa coordinados dende o Servizo Municipal de Normalización Lingüística.

Mestr@s regueifeir@s como Josinho, Lorena, Xairo, O Rabelo, Nuria, Cristian e Lupe Blanco, a representante coristanquesa, que tivo ademais que asumir o reto de realizar un obradoiro no centro onde estudou, o Parga Pondal, fixeron gozar á rapazada, que se foi soltando pouco a pouco.

Enreguéifate é un proxecto promovido polos concellos de Ames, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo e Carballo, co que se procura impulsar a improvisación oral en verso e contribuír a través dela á promoción do uso da lingua galega.

enregueifate_ceip_a_cristina Carballo
Lupe Blanco, no centro, escoltada por Nuria e Xurxo Souto

Novas relacionadas

Comentarios