Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Lupe Blanco aviva a regueifa nos entros de ensino de Coristanco

Lupe Blanco no CEIP Xose Pichel
Lupe Blanco no CEIP Xose Pichel
Lupe Blanco aviva a regueifa nos entros de ensino de Coristanco

Son sesións como a que protagonizou Lupe Blanco, as que verdadeira deixan pouso, lingüístico e cultural, na rapazada. Charlas, talleres, fóra dos libros, onde a raigame se convirte en fío condutor.

Así é o proxecto "Avivando a fala", un taller de creación colectivo, lúdico e musical para mozos e mozas que artella o departamento de Cultura do Coristanco nos seus centros de ensino, para revitalizar a improvisación oral en verso cantada en #galego. Ninguén mellor que a regueifeira de Bergantiños para facelo.

Lupe foi a protagonista da primeira sesión, demostrando o grande arraigamento que esta práctica musiqueira e retranqueira ten na localidade.

Pero o proxecto vai máis alá. As vindeiras sesións serán con Xosé Bocixa, músico e cineasta galego, e Laura Romero, ilustradora, urban sketcher e música. Todo coa idea de utilizar a ferramenta como ferramenta elemental para traballar en equipo e lograr obter un produto final en forma de curtametraxe que englobe todo o proceso de creación.

Novas relacionadas

Comentarios