Martes. 23.04.2024
El tiempo

Charla de AFIGAL en Carballo sobre as liñas de financiamento para empresas e emprendedores

Centro de Promoción Económica do Polígono de Carballo
Centro de Promoción Económica do Polígono de Carballo
Charla de AFIGAL en Carballo sobre as liñas de financiamento para empresas e emprendedores

O Centro de Promoción Económica do Polígono de Carballo acolle este mércores, 6 de xullo, ás 12.30h, unha xornada técnica na que Jacobo #Ortiz Alonso, xefe de Zona da Coruña de Afigal SGR, explicará as novas liñas de financiamento dispoñibles para empresas e emprendedores. A asistencia é gratuíta previa inscrición no 981 701 090 ou en [email protected].

Os #asistente poderán coñecer as posibilidades que AFIGAL SGR ofrece aos seus socios, como os préstamos Aquisgrán, un produto propio e exclusivo das SGR destinado a pequenas e medianas empresas, as liñas IGAPE ou o Programa de Apoio ao Emprendimiento Industrial, un paquete de axudas enfocado á creación de novos establecementos industriais e ao crecemento e mellora da competitividade neste sector, entre outras.

Comentarios