Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A CIG lembra que o proceso de contratación da Policía Local está no Xulgado

O novo oficial tomando posesion como novo Policia Local de Carballo.JPG2
O novo oficial tomando posesión como Policía Local co alcalde carballés
A CIG lembra que o proceso de contratación da Policía Local está no Xulgado

Esta semana o Concello de Carballo formalizaba a toma de posesión do oficial J.L.C.D. como funcionario de carreira ao corpo da Policía Local. Queda pendente a incorporación de S.A.G., ou outro seleccionado tras un convurso proceso de contratación. O propio alcalde valoraba “a gran profesionalidade” do novo funcionario, que xa traballou noutros anos no corpo carballés.

En calquera caso, dende a CIG alertan do proceso xudicial que está en marcha arredor do proceso de contratación. Un contencioso aberto tras unha denuncia presentada pola central sindical, que está paralizado por unha incapacidade do letrado que representa ao propio oficial. A CIG presentou unha denuncia ante o posible incumprimento dos prazos estipulados pola lei da súa comisión de servizos (vén derivado do Concello de Vimianzo), pero que derivou nun caso sobre a posible falta de titulación necesaria para nomeado Oficial no Concello de Carballo segundo estipula a propia RPT (Relación de Postos de Traballo) municipal.

Dende a CIG non entenden as presas do Concello nestes momentos, con contencioso pendente de resolución, despois de 20 anos nos sen convocar prazas de oficiais.

”Hai sospeitas de que esta persoa non posúa a titulación necesaria para ser nomeado Oficial no Concello de Carballo, onde se esixe estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente”, explica Roberto Tizón (CIG) que asegura que “que nós saibamos, aínda non presentou ns Xulgados o documentos que si lle valerían para equiparar a titulación esixida”.

Sobre o procedemento, Tizón considera que “é bastante estrano como se produciu a adxudicación destas prazas. É estrano que renuncien 2 candidatos, e que saia o último situado pola puntuación conseguida no concurso”. E vai moito máis alá, chegando a denunciar que “hai sospeitas de que, non só en Carballo, estes procesos traian detrás unha venta de prazas, algo así como que se me pagas, eu renuncio e entra outro. Non digo que este fora o caso, concreto”, matiza Tizón, que deixa a idea enriba da mesa á espera da resolución xudicial.

En calquera caso, mentres esperan a resolución, a CIG tamén “está valorando coa asesoría xurídica sobre si denunciar todo o proceso de nomeamento. Se realmente temos razón e a titulación non é acreditativa, realmente estarían prevaricando, tanto o alcalde, como o secretario como os membros do tribunal”, denuncia Tizón.

Novas relacionadas

Comentarios