Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Asociación de Policías Locais de Carballo piden a destitución do seu Xefe de Policía

Policia Local de Carballo
A Asociación de Policías Locais de Carballo piden a destitución do seu Xefe de Policía

Continúa aberta a polémica arredor do incidente protagonizado polo Xefe da Policía Local de Carballo cun empregado de Abanca o pasado 3 de setembro. Un asunto que levaba TEGA ao último pleno e que este martes 6 de outubro trae de novo á primeira liña a Asociación de Policías Locais de Carballo, ao presentar un escrito no que solicitan a destitución e a apertura dun expediente informativo ao Xefe accidental da Policía Local, Roberto Mosquera.

O presidente da entidade (que ten 12 socios dos 25 axentes actuais) José Manuel Arnejo Torreira, asina un escrito no que repasa o acontecido dende o incidente, pasando pola presentación e retirada da denuncia por parte do traballador; polo escrito dun policía xubilado sobre as “presións” recibidas polo propio empregado, a presencia na prensa do suceso.

Identificación

O escrito incide na necesidade ou non de ter identificado ao veciño, considerando que “só se pode identificar a unha persoa cando existan indicios de poder ter cometido ou para previr unha infracción; e só cando non sexa posible a identificación ou se a persoa e nega a identificarse podería requerir que lle acompañen a dependencias policiais”. Sinalan no escrito ademais que “ás persoas desprazadas a dependencias policiais a efectos de identificación se lles deberá expedir á súa saída un volante acreditativo do tempo de permanencia nelas”. Un “volante” que segundo a Asociación é o “único que está oculto aos axentes na aplicación informática”.

O escrito valora que o carnet de conducir é un documento válido para identificar a unha persoa, e que non existían indicios de que cometese un delito. E asegura que “o traslado a dependencias policiais non é unha práctica habitual”, sendo apenas 3 os “volantes identificativos” expedidos durante todo o 2019 por este tipo de traslados.

Ante todo isto, a Asociación considera que o goberno municipal abrise un expediente informativo ao Xefe accidental da Policía Local como ten feito noutros casos.

Pola súa parte, Mosquera prefire non facer declaracións, mentres, en calquera caso, a investigación xudicial segue o seu curso dende a fiscalía do xulgado de Carballo.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios