Sábado. 07.12.2019
El tiempo

O CIM de Carballo prestou axuda a 268 mulleres da comarca o ano pasado

Muller de 25 a 54 anos, con estudos básicos e sen emprego, o perfil básico das demandantes deste Servizo, aberto tamén para as mulleres de Malpica e Ponteceso
 

Imaxe da UDIAF de Carballo
Imaxe da UDIAF de Carballo
O CIM de Carballo prestou axuda a 268 mulleres da comarca o ano pasado

O Centro de Información á Muller (CIM) de Carballo vén de facer balance da súa actividade no pasado 2018. Ese ano histórico para as demandas feministas, que volveu ser un ano crítico en materia de violencia de xénero.

A traballadora social, a psicóloga e a avogada do CIM carballés, atenderon o ano pasado a 268 mulleres, aportando información de carácter persoal, familiar ou laboral que poida ter calquera muller da zona. Os datos estatísticos revelan, sen embargo, que o perfil tipo da usuaria do CIM é unha muller de 25 a 54 anos, con estudos básicos e sen emprego.

A atención psicolóxica e/ou asesoramento xurídico compoñen a parte máis importante adas consultas, sendo as relacionadas con violencia de xénero o segundo bloque en importancia, e xa en moita menor medida figuran as que teñen que ver con inmigración, discapacidade ou minorías étnicas.

Para concertar cita é preciso pedir cita previa no edificio de Servizos Sociais, chamando aos teléfonos 981 700 688 ou 638 123 460, ou enviando un correo electrónico a [email protected]

Así mesmo, o Centro de Información á Muller pon á disposición das usuarias unha serie de recursos sociais relacionados con casas de acollida, planificación familiar, adopcións, oposicións, emprego, bolsas de estudo, apoio á creación de asociacións de mulleres ou cursos, conferencias e xornadas de interese xeral.

Comentarios