Venres. 03.05.2024
El tiempo

Estrean no Casino1889 o novo documental sobre a olería de Buño "Povo de barro"

Povo de barro documental
Estrean no Casino1889 o novo documental sobre a olería de Buño "Povo de barro"

Este sábado ve a luz un novo documental sobre a olería de Buño. O Casino 1889 acolle ás 19:30h a estrea de “Povo de barro”, un documental feito dende Carballo polo colectivo @bastidores.gal que, a través das miradas dos artesáns, analiza realidade deste oficio ancestral.

Artesás e artesáns de Feituras, Obradoiro Crúa, O Falsete, Obradoiro Cambón, Risco Estudio, Obradoiro Gorín e Alfarería O Rulo, poñen a súa visión.

Na acto de estrea haberá un breve coloquio por parte dos creadores, antes da proxección e haberá viños, canapés e unha “sorpresa” moi especial.

Aquí vos deixamos o equipo de traballo, formado por: 

Antón Díaz “Tucho Caamaño” (1998): é o encargado de realizar o guión e as entrevistas ás artistas convidadas no documental. Graduado en Belas Artes en Salamanca cunha traxectoria enfocada ao mundo artístico, é súa a idea orixinal de Bastidores.

Sara Costas (1999): é a directora artística; plasma cada un dos momentos e procesos do proxecto a través da fotografía. Realizou o ciclo superior de fotografía na EASD Pablo Picasso, e conta con varios cursos relacionados co mundo fotográfico. Actualmente, está cursando Deseño Gráfico. É a creadora da estética de Bastidores.

Manuel Esmorís (1998): é o cámara do proxecto. Cursou o ciclo medio de vídeo, ademais de contar con formación e prácticas en son.

Jaime Regueiro (1999): é o productor de Bastidores, ademais de cámara, director de son e realizador da montaxe. Cursou o ciclo superior en produción de audiovisuais e o ciclo superior de son.

Elena Rey (2000): desenvolve os labores de organización do proxecto, comunicación e administración de redes sociais. Estudante de psicoloxía con intereses no mundo organizacional e da publicidade.

Comentarios