xoves. 15.05.2025
El tiempo

Comeza o curso e Carballo cunha campaña preventiva de desinfección e desratización

Comeza o curso e Carballo cunha campaña preventiva de desinfección e desratización
Control de sumidoiros en Carballo Campaña de desratización en Carballo para comezar o curso con seguridade

O servizo municipal de control de pragas do Concello de Carballo quere previr calquera tipo de problemas cos sumidoiros da vila, de xeito que a posta a punto dos colexios para o novo curso incluíu unha campaña preventiva de desinfección, desratización e desinsectación. Porque foron 13 os avisos que recibiu durante este ano o Servizo sobre a posible presenza de roedores en distintas zonas urbanas.

Ademais de acometer unha serie de melloras nas infraestruturas e nos equipamentos dos centros de infantil e primaria, a pasada semana acababan os traballos da campaña preventiva de desinfección, desratización e desinsectación de todos os colexios. Unha campaña que se repetirá no Nadal e na Semana Santa.

Velutina

Como xa o contamos, o servizo municipal de control de pragas tamén xestiona a retirada dos niños de vespa velutina (máis de 290 no que vai de ano) e encárgase da desratización no casco urbano.

Novas relacionadas

Comentarios