venres. 18.07.2025
El tiempo

Concello e apicultores loitan contra a vespa velutina en Carballo

Concello e apicultores loitan contra a vespa velutina en Carballo
vespa-velutina-carballo Colocan trampas nas principais zonas afectadas que se sitúan próximas aos ríos O concello de Carballo, a través do servizo municipal de control de pragas, está a traballar de forma coordinada cos apicultores para intentar frear a incidencia da velutina, aínda que ámbalas partes recoñecen que é moi difícil por varios motivos. Para empezar, porque a aparición dos niños primarios ou provisionais prodúcese cada vez máis cedo. O ano pasado o primeiro foi detectado o 25 de maio. Este ano xa apareceron case dous meses antes. Cando isto ocorre ponse en marcha un equipo de traballo, integrado por persoal do servizo de control de pragas e apicultores, que acoden ao lugar no que se atopa o niño para retiralo antes de que as larvas eclosionen e frear deste xeito a propagación. O obxectivo non semella doado, malia todos os medios - a Xunta de Galicia tamén colabora mediante a cesión de material - que se están poñendo. O ano pasado, dende o 25 de maio ata o 30 de decembro, o servizo municipal de control de pragas retirou 249 niños. Poden aparecer en calquera lugar, pero normalmente preto dos ríos. De feito, toda a zona da Férveda de Entrecruces é unha das que rexistra maior proliferación. Ao longo de toda a canle do río Taboada, e tamén nas zonas costeiras, actúa con maior frecuencia os servizo de control de pragas. carballo-control-vespa-velutina A primeira parte do control céntrase na retirada dos niños primarios Nesta época o traballo céntrase na retirada dos niños primarios. É a época máis importante, porque cantos máis se eliminen menos vespas haberá. Ao mesmo tempo colócanse trampas nas zonas afectadas. No 2016 foron un total de 100, distribuídas por todo o territorio, e permitiron a captura de 1.654 exemplares de velutina. Este ano todos os expertos auguran que será peor. As persoas que detecten a presenza dun niño de vespa velutina poden poñerse en contacto co servizo municipal de control de pragas chamando ao 981 754 699.
  Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios