O Concerto Desconcerto de Antón Reixa pechou o programa do 80 aniversario de Manuel Facal
Rematou o o programa de actividades conmemorativas do 80 aniversario do artista Manuel Facal. Fíxoo no Casino 1889, cunha noite moi especial o pasado venres protagonizada por Antón Reixa. A entrada era libre como todos os eventos realizados pola fundación e as expectativas cumpríronse, xa que o salón principal estaba co aforo completo sentado e de pé.
Primeiro falou Xaime Díaz en nome da comisión organizadora para dar a benvida e agradecer ao Concello de Carballo a súa colaboración e ás asociacións que apoiaron o proxecto dende o o primeiro acto do 20 de xullo (día do 80º aniversario de Facal) ata o que pechaba o programa. A continuación tomou a palabra Miguel Anxo Fernán Vello para presentar ao artista, repasando a súa traxectoria dende os anos 70 como poeta, músico, produtor, guionista e creador audiovisual, a presidencia da SGAE e medalla de ouro ao mérito das belas artes.
E comezou Antón Reixa o seu Concerto Desconcerto, no que recitou os seis poemas promiscuos, transgresores e rompedores, e completando o espectáculo cunha performance de luces, música e vídeos na que estuvo acompañado coma sempre por outro grande da videocreación e da mesa xeneración, Antonio Segade, deleitando a todos os presentes, deixando un bo sabor de boca e o mellor colofón para esta merecida homenaxe a Manuel Facal.