Martes. 23.04.2024
El tiempo

As Conclusións do Proxecto ACADAS para loitar contra a exclusión escolar ás persoas con diversidade

Presentacion Proxecto Acadas
As Conclusións do Proxecto ACADAS para loitar contra a exclusión escolar ás persoas con diversidade

Chegou ao seu remate o Proxecto Europeo Erasmus+ ACADAS. A Asociación Aspaber leva liderando este proxecto dende 2019, que trata de loitar contra o abandono escolar entre as persoas con diversidade. En realidade, dende o proxecto decatáronse que non se trata realmente o alumnado con NEE non abandonan o sistema educativo senón que os exclúen, de aí a máxima necesidade de que toda a sociedade asuma as directrices deste proxecto.

Un proxectop que ten compartido experiencias en Italia, Grecia, Irlanda, Turquía e Croacia, e este pasado venres facían a presentación das conclusións.

A Xerente da Asociación Aspaber e directora do centro educativo Aspaber, Dolores Fernández, inaugurou cos representantes políticos a sesión e a mesa de conclusións conformouse polas mestras do centro educativo Susana Villar Silván, Sara Pombo Trigo e Valvanuz Coterillo Frias que foron as encargadas de exponer o proxecto e as conclusión e pasos a seguir para o futuro.

Entre o público, moita presencia de orientadores, directores e entidades que quixeron aprender as conclusións do Proxecto.

Publico no Forum Carballo

Conclusións

Sobre o enfoque de intervención personalizada temperá, as recomendacións finais do proxecto propoñen un modelo de intervención temperá para alumnado de entre 12 e 17 anos, é dicir, a definición de competencias para o futuro dende unha perspectiva máis práctica. De este xeito, o alumando estará máis preparado cando comecen a formación dual aos 17 anos.

Ademais consideran que é necesario unha educación personalizada para equilibrar tanto as necesidades como as capacidades de cada alumno/a, por exemplo, a súa personalidade, o seu estilo de aprendizaxe, así como o seu estado anímico, afectivo e a súa participación. Todo baixo un enfoque multidisciplinar.

Cómpre potenciar a colaboración co mundo laboral para mellorar unha futura incorporación, atopando socios, con traballos en rede (como o proxecto "walk" en Irlanda), con formación dual adaptadas para que as empresas vaian rompendo prexuízos) e traendo oportunidades de traballo xustas.

Ademais de propoñer o cambio de políticas educativas a nivel estatal, propoñen tamén redes de apoio ao profesorado, sistemas de seguemento dos grupos de risco, unha maior comunicación entre familias e centro; así como promover que o estudantado con diversidade funcional se sintan partícipes e valorados na escola.

Pasos de futur

Propoñen que haia un verdadeiro recoñecemento de méritos e capacidades, xa incluído teoricamente na LOMLOE. Igualmente hai que crear ou adaptar os itinerarios mais alá da educación secundaria obrigatoria para as persoas con diversidade functional. Dende as entidades sociais son conscientes de que “teñen que ser palanca de cambio”, propoñendo e sendo construtivos, ofrecendo un enfoque holístico e enfocando sempre ao mundo laboral.

Terminou o acto cun coloquio aberto ao público, no que houbo unha moi boa participación entre todas as persoas asistentes.

Novas relacionadas

Comentarios